Entradas

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: ORIGAMI

Imagen
A pesar de que a nosa compañeira Alex, encargada habitual do taller de origami, non puido encargarse desta actividade durante o presente curso académico, non deixou de coordinar ao noso alumnado puntualmente para desenvolver actividades relacionadas coa papiroflexia.   É esta unha actividade moi ben recibida polo noso alumnado máis novo, que participa nela de forma activa e entusiasta.

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XOGOS DE MESA

Imagen
  Da man das nosas compañeiras do equipo da biblioteca Rocío e Julia, varios alumnos e alumnas voluntarios organizaron un taller de xogos na nosa biblioteca escolar.  A pesar de que esta iniciativa foi destinada a todo o alumnado do centro, tratamos de potenciar a súa capacidade inclusiva e favorecer especialmente a participación de alumnos e alumnas con dificultades de relación. O seu valor inclusivo quedou lonxe de toda dúbida.

EXPOSICIÓNS NA BIBLIO: LEMBRAMOS A VARGAS LLOSA

Imagen
Organizamos unha exposición sobre a obra de Vargas Llosa para lembrar ao autor na data do seu pasamento.    

DÍA DE ROSALÍA: POESÍA E ROSAS

Imagen
 Coa intención de celebrar o día de Rosalía, varios alumnos de Proxecto Competencial de 4º de ESO e de Correspondentes Xuvenís convertéronse en recitadores e fixeron unha lectura dramatizada de varios poemas da autora de Padrón ante os seus compañeiros e compañeiras.    En primeiro lugar, os rapaces e rapazas de 4º de ESO presentaron unha versión plurilingüe do poema "Adiós ríos; adiós fontes", de Follas novas.    A continuación, Paloma e Paula ofreceron a súa versión persoal de "Miña santiña", de Cantares gallegos . Vídeo: Recitado poemas de Rosalía de Castro

ACTIVIDADES DE ENTROIDO: SCRABBLE LINGÜÍSTICO

Imagen
  Para celebrar o Entroido do presente curso académico, o equipo de biblioteca disfrazou o claustro de profesores de fichas de scrabble e organizou un concurso entre os nosos alumnos e alumnas, que debían formar palabras empregando letras con diferentes valores numéricos. A proposta obtivo moita aceptación entre o alumnado, que perseguiron aos profesoras e profesoras do centro con intención de ordenar letras e formar palabras. Obtiveron premio os que conseguiron unha maior puntuación na formación de palabras completas. Aquí están os gañadores e gañadoras, encantadísimos e encantadísimas cos seus premios!!!  

8 MARZO: LECTURAS DRAMATIZADAS

 Neste 8 de marzo, varias participantes no noso Grupo de teatro, capitaneadas por Esther, a coordinadora do proxecto, fixeron unha lectura dramatizada de "Consejos para la mujer fuerte", de Gioconda Belli.  Escollemos este poema debido á forza que transmite pola súa recomendación de que as mulleres loiten polos seus dereitos e de que non se amedrenten ante os posibles atrancos que poidan xurdirlles ao longo da vida.   A súa lectura reproduciuse durante os tempos de lecer do luns, 9 de marzo, a modo de reinvindicación do papel da muller na nosa sociedade e, sobre todo, na nosa comunidade educativa. Vídeo: Lectura de "Consejos para la mujer fuerte" Consejos para la mujer fuerte  Si eres una mujer fuerte protégete de las alimañas que querrán almorzar tu corazón. Ellas usan todos los disfraces de los carnavales de la tierra: se visten como culpas, como oportunidades, como precios que hay que pagar. Te hurgan el alma; meten el barreno de sus miradas o sus llantos hasta l...

8 MARZO: DISCURSO POLA IGUALDADE DA MULLER

 Coordinadas pola nosa compañeira Belén, coordinadora do Equipo de Dinamización e peza fundamental do Equipo da nosa Biblioteca, Adriana e Cristina leron ante os seus compañeiros un alegato feminista con intención de defender a igualdade entre homes e mulleres na nosa sociedade e, sobre todo na nosa comunidade educativa. Vídeo: Discurso pola igualdade da muller .