Entradas

8M: CHAPAS SOBRE AVENTUREIRAS FEMININAS

Imagen
Durante o presente curso académico, o tema proposto pola nosa Biblioteca como punto de partida para promover e desenvolver actividades de lectura e investigación foi "Aventura e aventureiros/as".  Apoiándonos nese tema, o noso alumnado de Voluntariado desenvolveu a biografía de mulleres aventureiras de diferentes épocas. Realmente non foi fácil escoller, porque o número de féminas que se alzaron contra os prexuízos da súa época e decidiron actura de forma libre segundo os seus propios principios vitais é moi ampla, pero finalmente foron seis as mulleres seleccionadas: -Jeanne Barett, a primeira muller en dar a volta ao mundo en barco, pero vestida de home. -Alexandra David Néel, a primeira muller en acceder á capital do Tibet, que tivo que entrar camufllada con roupas masculinas. -Annie Londonderry, a primeira muller en dar a volta ao mundo en bicicleta vestida con pantanlóns e nun vehículo masculino. -Delia Akeley, a primeira muller en percorrer soa e a pé o continente afric...

DÍA DE ROSALÍA: RECITADO NO NOSO INSTITUTO

Imagen
 Con intención de celebrar o día de Rosalía, os nosos Correspondentes Xuvenís reuníronse na Biblioteca do insituto para recitar poemas da autora de Padrón e lembrar así con admiración, respecto e agarimo a figura da grande poeta galega. Foi unha actividade moi animada e divertida que espertou a vea poética dun alumnado entusiasmado que soubo honrar coas súas lecturas emocionadas a memoria da autora de Padrón.

DÍA DE ROSALÍA: RECITAMOS NO BARRIO

Imagen
Para celebrar o Día de Rosalía, o noso alumnado de Correspondentes Xuvenís converteuse en dinamizador cultural e percorreu o barrio animando aos veciños a recitar poemas da autora galega. Con esta actividade, os nosos animosos rapaces pretenderon potenciar a participación cidadá na homenaxe á nosa autora máis universal e, sobre todo, achegar ao público xeral a obra rosaliana tratando de fomentar ao mesmo tempo o pracer pola lectura.   A pesar de que foi unha actividade moi ben organizada e cunha selección fantástica de poemas de diferente extension e dificultade, non resultou doado conseguir a colaboración de todos os que foron invitados a unirse á nosa celebración.    Non obstante, atopamos a varios lectores entusiastas que nos acompañaron amablemente na actividade, que nos animaron a continuar e que recibiron, por suposto, unha rosa como agasallo pola súa xentileza e cordialidade. 

DÍA DE ROSALÍA: RECITADO NO CENTRO

Imagen
      Para acompañar o recitado do alumnado con motivo do Día de Rosalía, os nosos Correspondentes Xuvenís animaron ao profesorado do noso IES a contribuír coa lectura dramatizada de diferentes poemas da gran poeta galega.     Foron moitos os docentes que nos acompañaron nesta actividade que non só supuxo un recordo emocionado da obra rosaliana senón tamén un apoio decisivo e maioritario á nosa lingua.

FALADOIRO: A PAZ NO MUNDO

Imagen
  Para acompañar a celebración do Día da Paz, e coa colaboración do equipo de Correspondentes Xuvenís, coordinado polas nosas compañeiras Carme e Raquel, organizamos na Biblioteca un Faladoiro sobre a paz no mundo. Foi unha reunión moi interesante e moi intensa. Comezamos aludindo á gran cantidade de conflitos armados que nos rodean. O alumnado participante reflexionou sobre o anestesiados que estamos ante estas situacións de violencia que, por desgraza, están case normalizadas para gran parte de nós. Tamén meditou sobre o mediatizados que estamos polos medios de prensa (porque, coñecemos realmente todos os conflitos ou simplemente aqueles que nos afectan dalgún xeito?)  A continuación as coordinadoras pasaron a valorar como se podería traballar a favor da paz. Sen caer en opinións excesivamente simplistas ou optimistas, os rapaces defenderon que resulta necesario buscar un ben común por riba de ideoloxías. Así mesmo aseguraron que é imprescindible escoitar ao que temos diante...

EXPOSICIÓNS NA BIBLIO: AS LAVANDEIRAS

Imagen
 Como en anos precedentes, tamén durante o presente curso académico na nosa biblioteca expoñeremos diferentes actividades que son ou foron relevantes para a nosa comunidade educativa. Un dos traballos de investigación mellor valorados durante o curso pasado foi o que desenvolveu o noso alumnado de PDC sobre o tradicional oficio das lavandeiras e o seu papel na economía familiar. Coordinados por Natalia Ogorodnikova, a súa profesora do Ámbito Lingüístico e membro do noso equipo de Biblioteca, os alumnos e alumnas encargáronse de buscar información sobre este oficio tan duro para descubrir cal era o proceso de lavado (recollida de roupa, transporte, proceso de lavado e devolución aos donos), as condicións de traballo das mulleres (porque eran maioritariamente mulleres) e os problemas de saúde que padecían (falta de seguridade laboral, gran esforzo físico, lesión nas mans e nas costas, doenzas pulmonares...) ou a sororidade (nos lavadoiros, as traballadoras compartían confidencias e t...

25N: A oca do machismo

Imagen
 Coa axuda do noso grupo de Voluntariado da Biblioteca creamos a nosa particular versión da "Oca do machismo".   Este xogo foi destinado a previr condutas machistas agresivas entre os nosos alumnos e promover o respecto e a igualdade entre homes e mulleres.    A nosa particular versión subsituíu as caixas tradicionais do xogo de mesa por situacións relacionadas con micromachismos ou directamente coa violencia machista.  Así incluímos "caixas obstáculo", que obrigan a retroceder ou perder a quenda a quen caia nelas por incluír situacións que deberían ser eliminadas, como o respecto aos roles de xénero tradicionais, a violencia estética, as manifestacións de celos ou os intentos de control sobre a muller. Estas "caixas obstáculo" compleméntanse coas "caixas de avance", que recollen mostras de igualdade e axudan a avanzar aos participantes porque aluden a condutas de igualdade relacionadas coa corresponsabolidade ou a resolución pacífica de contidos...