Entradas

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: DESCOBRE O AUTOR

Imagen
 Con intención de celebrar o Día do Libro dun xeito diferente, este ano o equipo da nosa biblioteca decidiu retar a toda a comunidade educativa a participar nun concurso literario: Poderías identificar cal é o autor?  Así que enchemos os corredores do centro con carteis que incluían o nome desordenado de autores e autoras relevantes da literatura universal.  E animamos ao noso alumando a descubrir cal era o nome que se escondía en cada cartel.   Comezaron a adiviñar en pequenos grupos, timidamente...  Pero moi pronto se incorporaron os compañeiros, desexosos de comprobar os seus coñecementos.   Foi unha actividade que todos desfrutaron enormemente, sobre todo porque finalmente abandonaron o espírito competitivo para axudarse a adiviñar o nome de escritores e escritoras que todos coñecían de xeito directo ou indirecto. 

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: INTERCAMBIO DE LIBROS

Imagen
Promovido polo noso alumnado máis novo e coordinado polos Correspondentes e os Voluntarios da nosa biblioteca, durante o Día do Libro organizamos un intercambio de libros.  Esta actividade estivo dirixida a dar unha segunda vida aos nosos libros vellos e a crear unha comunidade lectora máis activa. Con esa intención, durante varios días recollemos exemplares doados por membros da comunidade educativa e entregamos vales a todos os participantes na iniciativa. Posteriormente os nosos colaboradores encargáronse de expoñer os volumes entregados e de facilitar que todos os que tiveran un vale puideran escoller un libro de entre os doados para levalo a casa. A pesar de que foi una actividade difícil de xestionar (houbo que recoller libros, comprobar que estaban en bo estado, entregar vales, expoñer os exemplares e organizar o intercambio final), todos os participantes e colaboradores quedaron encantados coa iniciativa.     Haberá que repetir o ano que vén!!!

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XADREZ

Imagen
 Durante o presente curso académico retomamos o Club de xadrez que tanto éxito tivo hai uns anos no noso instituto.  Nesta ocasión foi o noso compañeiro José Juan, profesor de Matemáticas, o encargado de coordenar os rapaces na actividade. Todos os segundos martes de mes de 15:30 a 16:30 o alumnado participante puido reunirse na nosa biblioteca para mellorar o seu nivel de xogo a través da práctica con opoñentes de diversas idades e de diferentes perfís. Foi moi interesante comprobar como os alumnos e alumnas participantes melloraban a súa concentración e aprendían a controlar os nervios en partidas cada vez máis intensas e mellor planificadas.    

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XOGOS DE MESA

Imagen
 Da man das nosas compañeiras do equipo da biblioteca Rocío e Julia, varios alumnos e alumnas voluntarios organizaron un taller de xogos na nosa biblioteca escolar.  A pesar de que esta iniciativa foi destinada a todo o alumnado do centro, tratamos de potenciar a súa capacidade inclusiva e favorecer especialmente a participación de alumnos e alumnas con dificultades de relación. De novo a súa capacidade de integración quedou lonxe de toda dúbida.

8M: ESCAPE ROOM

Imagen
 Neste ano 2026 o Concello de Ferrol incorporou na súa programación institucional do 8M unha actividade de escape destinada tanto a fomentar a reflexión sobre a igualdade de xénero como a previr a violencia desde unha idade temperá.   Así, mediante a resolución de enigmas e o traballo en equipo, o noso alumnado máis novo puido comprender as desigualdades sociais, económicas e laborais que padecen as mulleres na nosa sociedade.   Tamén aprendeu a recoñecer as diversas manifestacións da violencia de xénero contra mulleres e nenas que é necesario erradicar. Do mesmo xeito, reflexonou sobre a idea de que todos debemos ter os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades na vida.     Unha actividade realmente moi entretida e ben aproveitada.  

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA: TRECE AVISOS. CONTOS PARA LER POLA NOITE

Imagen
O noso instituto participou no presente curso académico no programa " Encuentros literarios ", financiado polo Ministerio de Cultura e dirixido a poñer ao alumnado en contacto cun autor/a para dialogar sobre a súa obra e coñecer o seu proceso de creación literaria. Nesta ocasión a autora invitada foi Paula Carballeira , que se achegou ao IES Saturnino Montojo para analizar o seu libro de relatos  Trece avisos. Contos para ler pola noite.   A visita de Paula era agardada con moita impaciencia polo noso alumnado de 1º ESO. A autora, coñecida pola súa capacidade para conectar cos lectores máis novos, chegou ao noso instituto chea de enerxía e transformou unha xornada literaria nunha experiencia moi agradable para todos os participantes. Tras unha divertida presentación da autora e da súa obra por parte de dous dos nosos alumnos, deu comezo a actividade. Durante a primeira parte da sesión, Paula Carballeira reflexionou sobre o seu proceso creativo e as características definitoria...

8M: FALADOIRO SOBRE A SITUACIÓN DA MULLER NO MUNDO

Imagen
 Con motivo da celebración do 8M, as nosas compañeiras Carme e Raquel coordinaron ao alumnado de Correspontentes Xuvenís na organización dun faladoiro para reflexionar sobre a situación da muller no mundo. Comezamos a reunión cunha pregunta moi concreta? Como é realmente a situación da muller na nosa sociedade? Que ocorre noutros lugares? O alumnado participante na actividade considerou maioritaramente que na nosa sociedade a situación da muller mellorou enormemente con respecto ao que ocorría en épocas pasadas. Moitos se apoiaron en coñecementos adquiridos na materia de Historia, en lecturas ou en comentarios de nais, tías ou avoas para abordar cuestións como o acceso ao mercado laboral ou á posibilidade de actuar con autonomía e liberdade á hora de mercar un electrodoméstico, abrir unha conta de aforro ou viaxar.  Os alumnos e as alumnas non foron tan optimistas con respecto ás mulleres noutras culturas e/ou outras sociedades e denunciaron as limitacións no acceso á educació...