Entradas

DÍA DA PAZ: A ÁRBORE DA PAZ

Imagen
 Con intención de defender a convivencia entre os membros da nosa comunidade educativa, os nosos alumnos máis novos crearon a árbore da paz con información sobre personaxes que loitaron activamente en contra da violencia e a favor da tolerancia.  

DÍA DA PAZ: ADHESIVOS POLA PAZ

Imagen
O Día escolar da paz celébrase o 30 de xaneiro porque Mahatma Gandhi, líder pacifista que promoveu a resistencia pacífica fronte á inxustiza, foi asasinado un 30 de xaneiro de 1948. Con intención de defender a paz e o entendemento entre persoas de diferente procedencia e modos de pensar, este ano o noso alumnado de Correspondentes Xuvenís repartiu adhesivos alusivos ao tema entre toda a comunidade educativa. Dun xeito activo, invitaron aos seus compañeiros e aos docentes que se cruzaron no seu camiño a comprometerse en actuar a favor da paz e en contra da violencia.  

NADAL: POSTAIS PARA OS MAIORES

Imagen
  Organizado por Carme, a nosa compañeira do equipo da biblioteca, o alumnado participante en Proxecto Interdisciplinar escribiu postais de Nadal dirixidas aos usuarios da residencia de maiores DomusVi, próxima ao noso centro educativo.  Nunha xornada moi emotiva, os rapaces e rapazas repartiron as felicitacións entre os anciáns da residencia e compartiron con eles e elas os seus mellores desexos para o remate do ano 2024 e para o comezo do 2025.

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XOGOS DE MESA

Imagen
  O 20 de novembro visitáronnos dous novísimos emprededores para presentar ante o noso alumnado un xogo de mesa da súa creación.   A través dunha dinámica moi entretida e interesante, esta proposta lúdica busca denunciar os abusos consumistas e potenciar o consumo responsable, sobre todo (aínda que non exclusivamente) entre os rapaces e rapazas adolescentes.  Durante esta amenísima xornada, aprendemos a xogar. E xogamos varias partidas emocionantes e disputadísimas. Incluso os nosos compañeiros de ciclo, curiosos ante a diversión dos seus compañeiros da ESO, se apuntaron a participar da nosa proposta.  

FALADOIRO: INTELIXENCIA ARTIFICIAL, SI OU NON?

Imagen
O 29 de novembro celebramos na nosa bilioteca o primeiro faladoiro do curso. Coordinado polas nosas compañeiras do equipo, Carme, Rocío e Julia, nesta ocasión o tema escollido para o debate entre o alumnado xurdiu da seguinte pregunta: Cres que IA vai mellorar a sociedade? Realmente as respostas dos nosos alumnos e alumnas foron moi variadas. A maioría considerou que os beneficios que nos ofrece a IA son moi superiores aos seus posibles prexuízos, porque xa é unha ferramenta case imprescindible en áreas como a medicina, a enxeñería ou a economía.  Destacaron o seu papel na mellora da eficiencia dos procesos e, sobre todo, na optimización da precisión en determinadas actividades (operacións...), coa conseguinte redución dos erros humanos. Non obstante, tamén sinalaron a necesidade de actuar con prudencia para evitar posibles problemas relacionados coa ética e coa xustiza. E, sobre todo, para manter viva a esencia do ser humano en diferentes actividades relacionadas co mundo artístic...

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imagen
Capitaneado por Rocío Piñón, profesora de Química e por Julia Ríos, profesora de Matemáticas, o noso alumnado celebrou o Día da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro).  As nosas compañeiras científicas encargáronse de organizar unha exposición destinada a dar a coñecer os logros mulleres científicas no campo da Astronomía.   E polas súas mans pasaron pioneiras Hipatia de Alexandría, Nicole-Reine Lepaute ou Caroline Lucretia Herschel...  pero tamén outras figuras menos coñecidas como as galegas Isa Rebollido Vázquez ou Raquel Fraga-Aceiñeiras.  Rematamos a xornada cunha explicación a escala sobre o funcionamento do noso sistema solar. Quen sabe se espertamos alguna vocación con esta entretida actividade...

25N: PÍLULAS FORMATIVAS

Imagen
Para tratar de concienciar ao noso alumnado sobre a necesidade de loitar contra a violencia de xénero, abrimos as portas das nosas aula a unha educadora social enviada polo concello. Da súa man experta, os nosos alumnos e alumnas aprenderon a identificar actitudes relacionadas coa violencia machista e comprenderon a necesidade de axudar ás vítimas dese tipo de abusos mediante o apoio directo e/ou a denuncia cando resulta preciso.