Entradas

DIA DA PAZ: DRAMATIZACIÓN DE "EL TAMBORCILLO MÁGICO"

Imagen
  Coa intención de traballar a favor da paz e a concordia entre o noso alumnado, decidimos propoñerlles aos participantes no noso grupo de teatro a lectura dramatizada de "El tamborcillo mágico". Esta é unha obra de teatro infantil de Gianni Rodari que defende o valor da empatía e a bondade. Conta a historia dun tamborileiro pobre que volve da guerra cun tambor como única posesión. De camiño á súa casa atopa unha velliña que, como premio ante a súa xenerosidade, outórgalle un encantamento: que cada vez que toque o tambor, bailarán todos os homes e animais do bosque. Este don protéxeo e axúdao a voltar san e salvo ao seu destino. Con gran entusiasmo, "Os saturninos" abordaron a dramatización desta obriña que, posteriormente, puido ser visionada por toda a comunidade escolar. VÍDEO: LECTURA DRAMATIZADA "EL TAMBORCILLO MÁGICO"

LECTURAS DO DÍA DA PAZ

Imagen
  Para celebrar este día enchemos os corredores con poemas alusivos á paz escritos nas diferentes linguas que se estudan no noso centro (galego, castelán, inglés e francés).

NADAL LITERARIO

Imagen
  Con intención de lembrar a importancia de agasallar e recibir agasallos lectores en Nadal, organizamos un Nadal literario.  Como punto de partida creamos unha baralla de póker distribuída nos catro paus tradicionais (pica, trevo, corazón e diamante) e decoramos cada un dos naipes co protagonista dunha obra da literatura universal. A continuación creamos una árbore de Nadal con libros expurgados e a decoramos cos nosos naipes.   Posteriormente colgamos no corredor a información concreta dos naipes para facilitarlles o acceso aos nosos rapaces e rapazas. E, por último, animamos a todos os rapaces a investigar con que autor e obra literaria se relacionaba cada un dos personaxes incluidos no xogo. A iniciativa foi todo un éxito!!!

FALADOIRO: É PRECISO REGULAR A IA?

Imagen
      Coa excusa das novas preocupantes sobre o emprego do ChatGPT entre o alumnado, reunimos aos nosos rapaces e ás nosas rapazas para reflexionar sobre se existe a necesidade de regular a IA nos distintos ámbitos da nosa vida.     Esta iniciativa acadou unha boísima acollida entre os nosos alumnos e alumnas, que debateron sobre cuestións tan variadas coma as vantaxes e os perigos da irrupción da IA (automatización de traballos tediosos para os seres humanos-desprazamentos laborais, mellora da precisión, axilización na toma de decisións-ausencia de criterios morais na toma de decisións, riscos para a seguridade, dependencia do emprego desta tecnoloxía...).     De forma paralela, tamén analizaron se o emprego xeralizado deste tipo de tecnoloxía require dunha normativa de uso máis concreta e restrictiva e, sobre todo, se a aplicación dunha lexislación deste tipo sería sinxela e/ou útil.  

EXPOSICIÓNS LECTORAS: LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS

Imagen
   Con intención de animar á lectura a todos os nosos rapaces e a todas as nosas rapazas, expuxemos os traballos que elaborou o noso alumnado de 2º de ESO a partir da lectura de La vuelta al mundo en 80 días , de Julio Verne.   Os mapas con información sobre o percorrido de Phileas Fogg e o seu fiel compañeiro Passepartout encheron os corredores do noso IES e espertaron un notable interese na nosa comunidade educativa.      

25N: DRAMATIZACIÓN DO POEMA "O MURO"

Imagen
 Como colofón das actividades dirixidas a celebrar o 25N, o noso alumnado de Voluntariado de Biblioteca e máis o alumnado de Correspondentes Xuvenís encargouse de facer unha lectura dramatizada do poema "O muro" de Carlos Negro. Esta lectura foi acompañada dunha presentación gráfica da composición poética no muro de vida que dá entrada á nosa biblioteca.  Mediante a súa presentación os nosos rapaces e rapaces buscaron facer reflexionar aos seus compañeiros e ás súas compañeiras sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na nosa sociedade e que, coma un muro, é preciso derrubar definitivamente.  VÍDEO: DRAMATIZACIÓN DE "O MURO"

FALADOIRO: 25N CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
  Para continuar a nosa actividade reivindicativa, organizamos un faladoiro coa intención de reflexionar sobre o que pensan os adolescentes ante un tema tan de actualidade en moitos lugares do mundo.  Para a nosa sorpresa, aínda que todos e todas os participantes na actividade recoñeceron que a violencia contra a muller é un tema que consideran preocupante, moitos e moitas fixéronnos chegar que cada vez máis xente da súa idade considera que as medidas que se están a tomar son totalmente ineficaces e mesmo esaxeradas en moitos casos.   Parece preocupante observar como algúns rapaces (e tamén algunhas rapazas) defenden con intensidade o suposto relegamento dos homes nunha sociedade cada vez más feminizada que busca (supostamente) privilexiar as mulleres fronte aos homes en todas as facetas da vida (emprego, situación xurídica, dereitos...).