Entradas

TEATRO EN CASTELÁN: LA CASA DE BERNARDA ALBA

Imagen
  O martes 9 de xuño o grupo de teatro de maiores  Os Saturninos estreou La casa de Bernarda Alba no salón de actos do IES Sofía Casanova. Posteriormente, o día 19 de xuño representou a mesma obra no salón de actos do IES Saturnino Montojo.   Escollemos esta obra porque é un clásico que ofrece unha grande intensidade dramática e que permite un claro lucimento interpretativo para as nosas talentosas actrices. Ademais, a denuncia social que inclúe Lorca na súa traxedia segue reseoando con forza na nosa sociedade. Obra de teatro de Os Saturninos: La casa de Bernarda Alba

ROTEIRO LITERARIO CO IES DE CATABOIS: LORCA EN BETANZOS

Imagen
  Como agradecemento pola súa entusiasta colabación en todas as nosas propostas lectoras, hoxe invitamos aos membros do noso Club de novela gráfica a  un roteiro literario co grupo lector do IES de Catabois.  O destino da nosa viaxe foi, nesta ocasión, Betanzos. Escollemos este lugar como punto de partida para as actividades que desenvolveremos o curso que vén con motivo da celebración do centenario da Xeración do 27. Pero, por que Betanzos? Lorca visitou esta vila no 1932, nunha excursión para coñecer os arredores coruñeses aproveitando unha visita como conferenciante á comunidade galega. O paso do autor granadino pola vila brigantina será o acontecemento que marcará a actividade central do día. Comezamos a xornada cunha visita guiada á vila. O noso alumnado puido coñecer así a orixe medieval de Betanzos e puido admirar a enorme calidade arquitectónica das igrexas de San Francisco e Santa María de Azougue.   A continuación visitamos o Museo das Mariñas, instalado no...

VOLUNTARIADO NA BIBLIO: A PALABRA DO DÍA

Imagen
Con intención de fomentar a aprendizaxe e o enriquecemento do vocabulario dos seus compañeiros, o noso Voluntariado desenvolveu unha actividade chamada: "A palabra do día". Así, cada semana durante o último trimestre, os Voluntarios encargáronse de expoñer nos corredores diferentes palabras que lles chamaron a atención, tanto polo significado como por outras cuestións: a eufonía, a recente incorporación ao dicionario, o seu carácter técnico...   

MAIO, MES CON G: TEATRO EN GALEGO

Imagen
O xoves 28 de maio, o noso grupo de teatro Os Saturninos estreou no teatro Jofre con grande éxito a adaptación de O achado do castro, de Manuel Núñez Singala.   Esta obra, a imitación das comedia clásicas, mestura dúas accións dramáticas: o amor prohibido entre Carmiñae, a filla do emperador e Manolitus, fillo dunha grande empresaria romana e o intento de roubo do medallón do emperador por parte de dous ladróns torpes e simpáticos.    É unha historia moi entretida e recomendable para todas as idades que os nosos actores e as nosas actrices defenderon con gran profesionalidade. Os Saturninos: Representación de O achado do castro   

MAIO, MES CON G: ANALIZAMOS A OBRA DE BEGOÑA CAAMAÑO

Imagen
  Con intención de reivindicar a obra de Begoña Caamaño , a autora das Letras Galegas no ano 2026, a nosa compañeira Raquel, colaboradora no equipo da biblitoteca, reuniu a un grupo de alumnas de 4 de ESO e 1º de Bacharelato para analizar de xeito conxunto a novela da autora de Vigo Morgana en Esmelle .  Nesta novela, Begoña Caamaño emprega o mito artúrico para apuxar aos seus lectores a reflexionar sobre a culpa, a sororidade e o peso do patriarcado na vida das mulleres. O argumento parece simple: Morgana chega a Esmelle na procura de respostas sobre a súa inmensa infelicidade. A través das súas lembranzas, conseguimos tecer as verdadeiras causas da caída de Camelot.  Os participantes na xuntanza destacaron que, a pesar desa aparente simplicidade, a novela resultaba un tanto complicada debido ao seu léxico variado e riquísimo e, sobre todo, á mestura de voces narrativas, que aportan múltiples perspectivas, pero que por momentos dificultan a comprensión do texto. No relat...

MAIO, MES CON G: SACAMOS A LITERATURA AOS CORREDORES: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
 Coa axuda dos nosos Correspondentes, sacamos aos corredores os carteis que enviou a Consellería de Educación sobre a autora homenaxeada este ano polas Letras galegas: Begoña Caamaño.    Esta escritora e periodista foi coñecida por reintepretar de forma maxistral os mitos clásicos e artúricos, outorgando un especial protagonismo ás mulleres.    Coa exposición dos carteis que proporcionan información sobre a súa vida e a súa obra, o noso alumnado poderá desenvolver diferentes acitivades para reivindicar o labor trascendental desta gran autora e defensora da lingua e cultura galegas.

EXPOSICIÓNS NA BIBLIO: EMULANDO O NAUTILUS

Imagen
 Coa coordinación de Elisa, a nosa compañeira de Tecnoloxía e membro do equipo da Biblioteca, o noso alumnado de 1º de ESO creou diferentes prototipos de submarino que trataban de emular o Nautilus do capitán Nemo.   A verdade é que as súas creacións son mostra da súa enorme imaxinación e tamén, evidentemente, da paciencia e capacidade da nosa compañeira para guialos nunha tarefa tan complexa como entretida.  

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: DESCOBRE O AUTOR

Imagen
 Con intención de celebrar o Día do Libro dun xeito diferente, este ano o equipo da nosa biblioteca decidiu retar a toda a comunidade educativa a participar nun concurso literario: Poderías identificar cal é o autor?  Así que enchemos os corredores do centro con carteis que incluían o nome desordenado de autores e autoras relevantes da literatura universal.  E animamos ao noso alumando a descubrir cal era o nome que se escondía en cada cartel.   Comezaron a adiviñar en pequenos grupos, timidamente...  Pero moi pronto se incorporaron os compañeiros, desexosos de comprobar os seus coñecementos.   Foi unha actividade que todos desfrutaron enormemente, sobre todo porque finalmente abandonaron o espírito competitivo para axudarse a adiviñar o nome de escritores e escritoras que todos coñecían de xeito directo ou indirecto. 

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: INTERCAMBIO DE LIBROS

Imagen
Promovido polo noso alumnado máis novo e coordinado polos Correspondentes e os Voluntarios da nosa biblioteca, durante o Día do Libro organizamos un intercambio de libros.  Esta actividade estivo dirixida a dar unha segunda vida aos nosos libros vellos e a crear unha comunidade lectora máis activa. Con esa intención, durante varios días recollemos exemplares doados por membros da comunidade educativa e entregamos vales a todos os participantes na iniciativa. Posteriormente os nosos colaboradores encargáronse de expoñer os volumes entregados e de facilitar que todos os que tiveran un vale puideran escoller un libro de entre os doados para levalo a casa. A pesar de que foi una actividade difícil de xestionar (houbo que recoller libros, comprobar que estaban en bo estado, entregar vales, expoñer os exemplares e organizar o intercambio final), todos os participantes e colaboradores quedaron encantados coa iniciativa.     Haberá que repetir o ano que vén!!!

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XADREZ

Imagen
 Durante o presente curso académico retomamos o Club de xadrez que tanto éxito tivo hai uns anos no noso instituto.  Nesta ocasión foi o noso compañeiro José Juan, profesor de Matemáticas, o encargado de coordenar os rapaces na actividade. Todos os segundos martes de mes de 15:30 a 16:30 o alumnado participante puido reunirse na nosa biblioteca para mellorar o seu nivel de xogo a través da práctica con opoñentes de diversas idades e de diferentes perfís. Foi moi interesante comprobar como os alumnos e alumnas participantes melloraban a súa concentración e aprendían a controlar os nervios en partidas cada vez máis intensas e mellor planificadas.    

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XOGOS DE MESA

Imagen
 Da man das nosas compañeiras do equipo da biblioteca Rocío e Julia, varios alumnos e alumnas voluntarios organizaron un taller de xogos na nosa biblioteca escolar.  A pesar de que esta iniciativa foi destinada a todo o alumnado do centro, tratamos de potenciar a súa capacidade inclusiva e favorecer especialmente a participación de alumnos e alumnas con dificultades de relación. De novo a súa capacidade de integración quedou lonxe de toda dúbida.

8M: ESCAPE ROOM

Imagen
 Neste ano 2026 o Concello de Ferrol incorporou na súa programación institucional do 8M unha actividade de escape destinada tanto a fomentar a reflexión sobre a igualdade de xénero como a previr a violencia desde unha idade temperá.   Así, mediante a resolución de enigmas e o traballo en equipo, o noso alumnado máis novo puido comprender as desigualdades sociais, económicas e laborais que padecen as mulleres na nosa sociedade.   Tamén aprendeu a recoñecer as diversas manifestacións da violencia de xénero contra mulleres e nenas que é necesario erradicar. Do mesmo xeito, reflexonou sobre a idea de que todos debemos ter os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades na vida.     Unha actividade realmente moi entretida e ben aproveitada.  

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA: TRECE AVISOS. CONTOS PARA LER POLA NOITE

Imagen
O noso instituto participou no presente curso académico no programa " Encuentros literarios ", financiado polo Ministerio de Cultura e dirixido a poñer ao alumnado en contacto cun autor/a para dialogar sobre a súa obra e coñecer o seu proceso de creación literaria. Nesta ocasión a autora invitada foi Paula Carballeira , que se achegou ao IES Saturnino Montojo para analizar o seu libro de relatos  Trece avisos. Contos para ler pola noite.   A visita de Paula era agardada con moita impaciencia polo noso alumnado de 1º ESO. A autora, coñecida pola súa capacidade para conectar cos lectores máis novos, chegou ao noso instituto chea de enerxía e transformou unha xornada literaria nunha experiencia moi agradable para todos os participantes. Tras unha divertida presentación da autora e da súa obra por parte de dous dos nosos alumnos, deu comezo a actividade. Durante a primeira parte da sesión, Paula Carballeira reflexionou sobre o seu proceso creativo e as características definitoria...

8M: FALADOIRO SOBRE A SITUACIÓN DA MULLER NO MUNDO

Imagen
 Con motivo da celebración do 8M, as nosas compañeiras Carme e Raquel coordinaron ao alumnado de Correspontentes Xuvenís na organización dun faladoiro para reflexionar sobre a situación da muller no mundo. Comezamos a reunión cunha pregunta moi concreta? Como é realmente a situación da muller na nosa sociedade? Que ocorre noutros lugares? O alumnado participante na actividade considerou maioritaramente que na nosa sociedade a situación da muller mellorou enormemente con respecto ao que ocorría en épocas pasadas. Moitos se apoiaron en coñecementos adquiridos na materia de Historia, en lecturas ou en comentarios de nais, tías ou avoas para abordar cuestións como o acceso ao mercado laboral ou á posibilidade de actuar con autonomía e liberdade á hora de mercar un electrodoméstico, abrir unha conta de aforro ou viaxar.  Os alumnos e as alumnas non foron tan optimistas con respecto ás mulleres noutras culturas e/ou outras sociedades e denunciaron as limitacións no acceso á educació...

8M: CIENTÍFICAS DA USC

Imagen
  Para rematar coas celebracións relacionadas co 8M, dende a Biblioteca solicitamos a exposición "Mulleres investigadoras do Campus Industrial de Ferrol" coa intención de dar a coñecer ao noso alumnado o labor docente e investigador de varias figuras femininas no Campus da nosa cidade e, sobre todo, de espertar vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nosas alumnas. Coa intención de apoiarnos na nosa inquedanza, visitounos Lucía Santiago. Esta novísima profesora e investigadora comezou a súa participacion falándonos da súa experiencia formativa e laboral como oceanógrafa. Insistiu no moito que lle gusta o seu traballo e nas interesantísimas saídas laborais que ofrece a súa especialidade.  A continuación, presentounos brevemente o labor das súas compañeiras na universidade, facendo especial fincapé nos aspectos atractivos do seu labor: alta empleabilidade, relación coa innovación tecnolóxica, posibilidade de adicarse á investigación... Realmente foi unha xornada interesan...

8M: CHAPAS SOBRE AVENTUREIRAS FEMININAS

Imagen
Durante o presente curso académico, o tema proposto pola nosa Biblioteca como punto de partida para promover e desenvolver actividades de lectura e investigación foi "Aventura e aventureiros/as".  Apoiándonos nese tema, o noso alumnado de Voluntariado desenvolveu a biografía de mulleres aventureiras de diferentes épocas. Realmente non foi fácil escoller, porque o número de féminas que se alzaron contra os prexuízos da súa época e decidiron actura de forma libre segundo os seus propios principios vitais é moi ampla, pero finalmente foron seis as mulleres seleccionadas: -Jeanne Barett, a primeira muller en dar a volta ao mundo en barco, pero vestida de home. -Alexandra David Néel, a primeira muller en acceder á capital do Tibet, que tivo que entrar camufllada con roupas masculinas. -Annie Londonderry, a primeira muller en dar a volta ao mundo en bicicleta vestida con pantanlóns e nun vehículo masculino. -Delia Akeley, a primeira muller en percorrer soa e a pé o continente afric...